mércores, 2 de novembro de 2011

A Cor: Características xerais e mezclas. O gouache

Para repasar o que aprendimos en primeiro e ver algo máis sobre as características xerais da cor temos esta presentación:

Tamén veremos este vídeo de Educathyssen sobre as mezclas de cor en función do ton, e a diferencia entre tons fríos e cálidos. ¿Dache a mesma sensación a imaxe pintada con tons fríos e cálidos?


Para a técnica da témpera ou gouache, necesitaremos pinceis de pelo suave, que son os que toman carga de auga. Hai moitos tipos de pinceis, según a pintura e a técnica coa que se vaian a utilizar: planos, redondos, carrados, en abanico, de lengua de gato... e con diferentes tipos de pelo.

¿Qué pinceis nos poden vir ben? Os que teñan pelo suave, redondos ou planos, como na imaxe inferior.

Para un bo mantemento:
  • Intenta evitar que se cole pintura entre as cerdas e o metal, xa que acabará abrindo as cerdas e estropeándoas.
  • Límpao ben despois do seu uso con auga e xabón, frotándoo suavemente sobre a palma da man para que expulse a pintura que poida ter entre as cerdas. 
  • Non o deixes olvidado a remollo, así evitarás que se deforme a punta e se oxide a parte metálica.
  • Gárdao de maneira que se quede en vertical e coa punta para arriba para que non se deforme.

Por último, sobre a técnica do gouache:



A percepción da cor

Imos a comezar una nova unidade sobre un tema fascinante: A cor. A modo de introducción déixovos este vídeo sobre como percibimos as cores.


Ademáis, Ingrid Calvo Ivanovic ofrece en Proyectacolor uns obxetos de aprendizaxe que nos facilitarán a teoría e a percepción da cor (unidades 1 e 2).

Para finalizar, ¿qué opinas das cores da imaxe? ¿Son espirales azuis e verdes realmente? ¡A solución en poucos días!