venres, 23 de marzo de 2012

Primeiros vídeos dunha nova promesa musical

Hoxe quérovos presentar os dous primeiros vídeos dunha xove promesa musical ó que sen dúbida lle temos que prestar atención. Este artista, que cursa 1º da ESO e actualmente se forma no conservatorio de Lugo, atópase en plena grabación dunha serie de novos vídeos musicais e dende aquí esperamos impacientes o seu estreno. Botádelle unha ollada!



martes, 20 de marzo de 2012

O cómic: recursos na rede


Hoxe imos a ver unha serie de recursos para coñecer e practicar a linguaxe do cómic. Como o cómic está relacionado co tema da liña, xa que é unha das técnicas que máis empregan este elemento como medio de expresión, aquí van unha serie de enlaces moi útiles:


Para aprender sobre a linguaxe do cómic e os seus autores máis destacados:
Diseño de cómics online:
Contidos transversais:
  • Valores comunes. Ideas para realizar cómics para a integración dos emigrantes. 

xoves, 15 de marzo de 2012

Círculos cromáticos

Xa podedes ver a presentación dos círculos cromáticos. A canción é She's a Rainbow dos Rolling Stones.

domingo, 11 de marzo de 2012

Redes Modulares

Estes son os deseños de redes modulares dos rapaces/as de 3º. Algúns están bastante logrados, creando ritmos mediante a repetición de módulos, e combinacións de cor interesantes. A canción que soa é The Symphony dos Snow Patrol.

Texturas con Picasso

Os de primeiro fixeron unha serie de interpretacións do cadro de Picasso "Os Tres Músicos" (1921). Nesta obra vemos ós músicos de frente e de perfil á vez, gracias á superposición de planos. A obra traslada ó espectador ó mundo da comedia da arte con tres figuras, un Arlequín, un Pierrot e un Monxe que aparecen tocando un instrumento musical.

Utilizamos diversas texturas visuais e táctis para facer un collage sobre unha reproducción da obra, e traballamos en equipos, facendo un exercicio de colaboración e organización entre os membros. Cales credes que son os gañadores?




xoves, 1 de marzo de 2012

Saída pola tenda de regalos


Exit Through The Gift Shop: Un film de Bansky é unha película dirixida por Banksy, que conta a historia de Thierry Guetta, un inmigrante francés en Los Angeles, e a súa obsesión co street art. A película rexistra a constante documentación de Guetta de cada momento en vídeo, dende un encontro co seu primo, o artista Invader, á súa presentación a unha multitude de artistas da rúa, coma Shepard Fairey e Bansky, (do cal o seu anonimato é preservado oscurecendo a súa cara e alterando a súa voz), ata que finalmente o mesmo Guetta acada a fama coma artista da rúa. 




O filme estreouse no Festival de Sundance de 2010. Está narrado por Rhys Ifans. A música é de  Geoff Barrow. Inclúe a canción de Richard Hawley "Tonight The Streets Are Ours". A película foi nominada en 2011 para os Oscar na categoría de "Mellor película documental", e gañou na mesma categoría dos Independent Spirit Awards do mesmo ano.
Houbo un debate sobre se o documental é auténtico ou é un "mockumentary" (falso documental)

Algunhas críticas:
"Subversiva, provocativa e inesperada, (...) é unha delicia cómo te colle por sorpresa, comezando de forma tranquila pero acabando nun xogo de espellos tan inquedante que nin a Alicia de Lewis Carroll o tería experimentado xamais." (Kenneth Turan: Los Angeles Times)
"Non está moi claro cánto hai de ficción e cánto de realidade, pero este espectáculo sobre o arte da rúa é tan insólito como apasionante." (Carlos Boyero: Diario El País)
"Un interesante xogo de espellos sobre o arte da rúa, o pop, a verdade e a mentira. Feita con auténtico talento, cun sentido do humor e da ironía magníficos" (E. Rodríguez Marchante: Diario ABC)
"Banksy reproduce en celuloide o xogo irónico, autorreferencial e ácido dos seus debuxos da rúa nunha película co beneficio da intelixencia. Ademáis, resulta ben divertida (por intelixente)." (Luis Martínez: Diario El Mundo)