domingo, 5 de febreiro de 2012

O estarcido ou esténcil

Esténcil de Ángela Davis (2005)

Shepard Fairey, "Obey", é un dos artistas máis importantes do Street Art (Arte da Rúa).

Este artista é recoñecido por desenvolver o seu arte na rúa, onde retrata con esténcil a persoaxes mundialmente coñecidos.

Máis abaixo, un vídeo de cómo traballa no seu estudio.







A TÉCNICA DO ESTARCIDO


¿Qué é?

O estarcido é unha técnica artística que consiste en pintar sobre distintos materiais utilizando unha plantilla. Saber utiliza-lo estarcido axúdanos a realizar composicións artísticas, carteis e decoracións para a parede con cores uniformes.

Características

As plantillas pódense comprar feitas ou ben fabricalas nós mesmos. Coa mesma plantilla podemos facer múltiples copias.

Para realiza-lo estarcido necesitamos dispoñer dos seguintes materiais: cúter ou tesouras, cartulinas ou acetato transparente, lápis, rotuladores indelebles, pintura (spray) e instrumentos para extende-la pintura: pinceis, cepillos de dentes, esponxas, aerógrafo, etc.

Como se traballa?

  1. Eleximos un texto ou unha imaxe en branco e negro con formas simples e cerradas. Esta imaxe debúxase sobre o soporte (acetato ou cartulina) que utilizaremos como plantilla. Ten en conta que non se poden deixar espacios ou "islas" en branco dentro dunha área negra porque son as que van a ser cortadas. Utilízanse "pontes" para uni-las islas coa superficie da prantilla e formar unha unidade.
  2. O contorno do debuxo recórtase cun cúter ou tesouras e obtense un espacio aberto con zonas sólidas arredor.
  3. A prantilla recortada fíxase con cinta adhesiva enriba do soporte definitivo. A continuación pulverízase a pintura cun spray ou ben aplícase, sen humedecer, cun pincel sobre toda a superficie.
  4. A prantilla levántase e déixase seca-la imaxe. Se a pintura está moi húmida os bordes correranse. Limparemos a prantilla antes de que a pintura se seque para poder utilizala de novo.

Ilusións ópticas



Dentro do tema da forma, imos a ver as relacións que se establecen entre as formas no campo visual e o contraste figura-fondo.

Na percepción dun debuxo, unha pintura ou unha imaxe calqueira, algunhas formas revélanse como “figuras” e outras como “fondo”. As que emerxen como figuras impóñense á nosa atención e outras convírtense en fondo e parecen desaparecer.

As relacións figura-fondo foron ampliamente estudiadas pola psicología da Gestalt, que a partir da copa de Rubin (mostrada á esquerda) chegaron á conclusión de que a percepción é un proceso no que o espectador toma un papel activo, xa que os nosos ollos non poden percibir simultáneamente as dúas partes como figura ou como fondo. Estas relacións foron explotadas por artistas como Dalí, Magritte ou M.C. Escher.

Consulta as imaxes de doble sentido na Enciclopedia da percepción visual.

As relacións figura-fondo son utilizadas para crear ilusións ópticas. Na seguinte presentación, dedicada a elas faise un repaso ás ilusiónss ópticas máis comúns e qué as xenera. Observádea atentamente porque é moi interesante.




Esta presentación foi realizada por Ignacio Valdés para Musical Blogies

Agora contestade ás seguintes preguntas:

1. Que é unha ilusión óptica?

2. Que tipo de ilusións ópticas ou efectos aparecen na presentación?

3. En que consiste a persistencia da visión?

4. Cal che chamou máis a atención? Eres capaz de velas todas?

5. Nomea os cinco efectos ou ilusións que che gustaran máis ou che chamaran máis a atención e explica en qué consisten.

Para obter más información:

Ilusionario, Guía de ilusións ópticas
Ilusións ópticas en educacionplastica.net. Moi interesantes os gráficos interactivos.
Máis ilusións ópticas


Enlaces externos
Paradoxas visuais 
Ilusións ópticas: ¿Podes crer ós teus ollos?
Percepción Visual
Akiyoshi's illusion pages